sábado, 27 de diciembre de 2014

Tribunal Alado

El lunes hizo un tiempo tan bueno que nos dispusimos a pasear por la playa de los Barcos en Sanxenxo, en esto que vimos como se acercaba una nave, que giraba y volvía a detenerse de repente, encima de una construcción de pantalanes  pegada a  la playa.
Envió un haz de luz y de repente pudimos ver como, desaparecia de nuestra vista la extraña construcción de los pantalanes, no lo podíamos creer. Nuestra playa donde habiamos aprendido a nadar estaba libre de esos aberrantes pantalanes.
Desde lo alto oimos:
! Os lo Debemos!

De repente apareció otra nave en movimiento en torno  a la plaza de Los Barcos y vimos como  se elevaba para desaparecer. ¿ Estaría buscando algo?


Empezamos a ver como Monte Faro volvía a ser lo que era antes del boom, lo mismo la urbanización de A Granxa volvía a ser lo que era, poco a poco esto iba cambiando, construcciones ilegales desaparecian, casas a pie de playa, vertidos eran eliminados, etc.
Pero esto no podía continuar sin que hubiese un culpable o culpables, las urbanizaciones se construyen pero tienen que ser respetuosas con el medioambiente, de lo que vivimos todos, y los culpables serán perseguidos y recluidos mientras devuelven todo lo que han robado y esperan juicio.
Sanxenxo es la zona cero de corruptos de España, no podemos olvidar que nuestro Presidente nos visita asiduamente.
Buscando acabar con la corrupción en Sanxenxo se dirigen a la Playa de Silgar, para llevarse a Nuestro Presidente y la propia Alcaldesa de Sanxenxo, para ser recluidos en espera de Juicio.
Por acabar con el estado de Bienestar, las familias no tienen para comer, los enfermos se mueren por que no reciben el tratamiento ni tienen dinero para pagarlo, los padres no les pueden comprar libros a sus hijos, ni siquiera un juguete, los deshaucios cada vez son más, las familias pierden sus casas,no podemos consentir que nos roben el futuro y que tengamos que marcharnos de nuestro pueblo o de nuestro país.

Nos han pedido ayuda para identificar a todos los que han saqueado el Estado y nos han robado el futuro todo el que quiera puede presentarse como testigo y contar su caso, serán usados todos y cada uno de ellos para enjuiciar a todas las personas responsables, pagarán todo lo que han robado y además harán trabajos para la comunidad, nunca podrán volver a tener cargos de responsabilidad ni de manejar dinero público.
Numerosa gente se acerca para dar testimonio de su caso y que sea tenido en cuenta en el momento del juicio, pedimos a  todos y cada uno de los representantes que se queden; las cosas van a cambiar, nos han dicho, además de contarnos que entre todos tenemos la fuerza.
Alimentación 
Educación
y Sanidad
¡PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD!



viernes, 26 de diciembre de 2014

Feliz Nadal

Desde Camino por Sanxenxo seguiremos poniendo voz a las cosas que no están bien en nuestro pequeño pueblo, para que todos y tod@as tengamos un lugar en donde poder disfrutar y trabajar, ayudando a que lo que se encuentra en mal estado o deteriorado se reponga, y que nadie caiga en sus calles por aceras, rotas o reventadas por el tiempo, aceras sin ningún tipo de vigilancia ni cuidado.
Por que el 2015 nos traiga a gente concienciada con el pueblo y que busquen el bien común.



sábado, 13 de diciembre de 2014

Contestación Xunta de Galicia a la petición Calle Progreso

http://caminoporsanxenxo.blogspot.com.es/search/label/Calle%20Progreso%20en%20Sanxenxo
http://caminoporsanxenxo.blogspot.com.es/2013/02/vecina-de-sanxenxo-critica-el-mal.html




En resposta ao seu correo electrónico do día de onte 10 do nada 2014, no que solicita que se actúe sobre a estrada e as beirarrúas da PO-308, Pontevedra – A Lanzada, en concreto no treito da rúa do Progreso en Sanxenxo, comunicarlle de que tal e como lle indicábamos no noso último escrito sobre o tema, nesta axencia redactouse o proxecto de “Reparación de firme PO-308 (Pontevedra – A Lanzada), PK 15+300 ao 17+400 – travesía de Sanxenxo”, no que se prevén unha serie de actuacións que teñen por obxecto rehabilitar o firme da estrada PO-308 entre os PK 15+300 e PK 17+400 coa finalidade de mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios neste treito. As actuacións programaranse en función das dispoñibilidades orzamentarias así como da situación global da rede da Xunta de Galicia (5.500 Kms).

Atentamente
Dirección - Axencia Galega de Infraestruturas
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Nueva petición a la Xunta de Galicia



Estimado/a  Sr.:
Diríxome a vostede para falarlle  da estrada PO 308 o seu paso pola Calle Progreso de Sanxenxo ( Pontevedra) xa levo queixandome  anos, o 1 de novembro do 2012 enviei unha carta o Conselleiro nese momento, e comentábame que estaban pendentes da partida orzamentaria, os puntos que eles miraron para asfaltar a calle eran PKs 15+140 ao PKs 17+000.



Hoxe en día está todavía peor xa que non temos pluviais e a auga corre por toda a estrada e podería producirse un accidente, as beiraruas están todas rotas ou case non se pode andar por elas moitas están despegadas e  móvense alguén podería caer nelas.
Cando chove moito, as alcantarillas non dan recollido tanta auga e sae por fora a auga levantando a alcantarilla e facendo como un geyser.
A capa de rodadura e casi inexistente, os coches estropean os amortiguadores nela, e non se pode cruzar ben pola estrada xa que os pasos de peóns case non están pintados a señalización dos pasos de peóns si se rompe o sinal non se  volve repoñer, os coches pasan sen parar moitas veces e demasiadas a xente que foi  atropelada nel. Pido seguridade viaria para o lugar poñer pasos de peón con lombos, ou semáforos ou algo que faga ir máis despacio no lugar.
Esperando as miñas queixas sexan escoitadas e pronto se lle poña un arranxo o lugar,
Saúdos

sábado, 1 de noviembre de 2014

Acondicionamento dos nosos montes e posta en valor do noso patrimonio natural

II Premio de ideas de
proxectos innovadores para
o rural do Salnés.
Modelo de
propuesta de
proxecto de :
María Otero Valladares



Acondicionamento dos nosos montes e posta en valor do noso
patrimonio natural

1. Comezo dunha idea.
1.1. Dudas o escomenzar o proxecto.
1.2. ¿Por ónde escomenzar o proxecto?
1.3. ¿Por que na Comarca do Salnés?
1.4. ¿Que temos que facer aquí?
2. Descrición do proxecto.
2.1. En que consiste o proxecto ou idea.
2.2. Como se poría en marcha.
2.3. A quen vai dirixido.
2.4. A qué colectivos vai dirixido
2.5. Que produtos se obterían.
2.6. Cal e o seu ámbito de actuación.
2.7. Crearase riqueza e benestar no Salnés?


1. Comezo dunha idea.

1.1. Dudas o escomenzar o proxecto.
Cómo sabemos o noso monte está cada ano máis cheo de refugallos e de broza; está
casi sempre mal coidado e eu penso que entre todos poderíamos facer algo bo para
os veciños da Comarca do Salnés e dos seus concellos poñendo todos da nosa parte
para facer algo conxunto co noso monte. Paseando polo noso monte e as nosas terras
podemos ver como moitas de elas están sen coidar botan silvas por todas partes
crecen os refugallos, mirando polo monte podemos ver que temos verdadeiros
vertedoiros en onde nos depositamos a nosa merda, non a botamos nos puntos
limpos nin nada polo estilo vai mellor o monte. Isto non se pode tolerar temos que
pensar que cando un monte está sen limpar, cando cheguen os lumes arderá polos
catro costados e non seremos capaces de apagalos con tantos refugallos nel. Tamén
temos moitas pistas por onde non podemos pasar coa maquinaria e os coches pero
temos que limpalas xa que sen limpar non serven para que circulen os vehículos por
eles e cando veñen os incendios non temos por onde pasar para sofocalos. Os nosos
recursos naturais están moi pouco traballados as nosas terras están a monte crecen
silvas, xestas e broza por todas partes e non facemos nada para solucionalo.Non
temos unha forma de crecer homoxénea no monte, temos de todas as especies
arbóreas menos as nosas especies autóctonas que non valoramos e non queremos
seguir producindo xa que a nosa cultura nos ensinou a poñer outras especies máis
produtivas no noso monte erro tras erro, como tentar corrixir iso e case imposible de
facer si entre todos non arrimamos o ombro, temos que potenciar os nosos espazos
naturais e os nosos recursos para poder ensinar unha nova cultura natural a xente.
Non podemos pensar que estando en crise non podemos facer nada, aínda que sexa
pouco o que poidamos facer, hai que facelo, e iso axudaría para poñer a primeira
pedra dun gran proxecto conxunto para ter unha ordenación do noso monte.
Xa dimos algúns pasos pero non os definitivos para ensinar a todos nós a disfrutar do
noso medio ambiente a xente.
1.2. ¿Por ónde escomenzar o proxecto?
Eu penso que hai que limpar o monte ante todo, merecemos ter un monte limpo.
Temos moitas cousas que facer pero temos que tentar acabar cos vertedoiros
incontrolados e coa mala xestión dos nosos montes. Pero é moi doado dicilo pero por
onde empezar? cada concello teno que facer, pero eu penso que os nosos montes son
moi pequenos e hai que falar coa xente particular que ten montes para tentar
limpalos da mellor forma posible sacando os refugallos e nalgúns casos tamén temos
que ver o que queda o sacala broza que falaremos mais adiante.

1.3. ¿Por que na Comarca do Salnés?
Temos emigrado durante anos e anos e nunca temos oportunidades no noso propio
pobo temos que tentar ter algo noso para non ter que irnos de aquí. Xa sei que é
difícil, que non temos moito que ofrecer, pero temos que coidar o que temos xa que
con iso poderíamos tentar traballar, as nosas praias o noso turismo, as nosas rías, a
nosa pesca, o marisqueo, a nosa agricultura, e a nosa gandería temos que poñela en
valor ofrecendo unha aposta ariscada polo noso territorio pero coidando para poder
telo moitos anos o noso servizo, non e noso,e prestado e teremos que coidalo moito.
Por que non aquí que ten de malo, eu sempre pensei que tiña que coller e facer algo
para poñer en valor o noso patrimonio natural neste momento de crise o que temos
que facer e axudar a conseguir un bo futuro na nosa terra.
1.4. ¿Que temos que facer aquí?
Temos que facer unha xestión común e tamén temos que tentar falar cos propietarios
pequenos dos montes ofrecéndolle un proxecto de futuro para tentar darlle unha
volta a noso patrimonio natural, coidándoo e lembrándonos que existe.
1.5. Quen nos pode axudar a desenrolala.
Eu penso que todos e cada un dos nosos veciños teñen que poñer da súa parte para
conseguir ter un medio ambiente máis coidado e poñendo en valor o noso patrimonio
natural. Teríamos que tentar facer charlas para explicar o proxecto e tentar implicar a
xente para coidar o noso patrimonio. Os concellos poden tentar axudarnos para ter o
noso monte coidado.

2. Descrición do proxecto.
2.1. En que consiste o proxecto ou idea.
Pois o noso proxecto consiste en poñer en orden e limpar o noso monte e levar a
broza a unha planta de tratamento de residuos dos nosos montes, creada en
conxunto cos municipios para limpar o monte. Esa planta produciría enerxía eléctrica
para quentar auga ou para darlle electricidade os nosos hospitais, colexios, etc. Que
se poida arranxar os nosos montes depende de ter unha planta de procesamento
para aproveitalos refugallos para producir electricidade ou ben calefacción, nel non
soamente se levaran os refugallos sacados do monte senón o resto dos refugallos
producidos pola xente da Comarca do Salnés. Un proxecto parecido fíxose en
Alemaña hai máis de 20 anos e daba electricidade e calefacción a un hospital de
Bremen ademais eles ocupábanse de recoller os mobles ou os refugallos producidos e
levábanos a planta para producir electricidade coa conseguinte merma no recibo da
luz e calefacción aparte de servir para dar traballo a xente que recollía ese lixo
traballaba na planta de procesamento ou transportaba os refugallos a planta.
5
2.2. Como se poría en marcha.
A limpeza dos nosos montes con empresas privadas contratadas para tal fin por os
propietarios dos montes e fincas. Temos que pedir a os nosos gobernantes que fagan
uso das leis para acordar limpar os montes e cortar a broza.Coas axudas das
Institución Públicas ( exemplo as axudas do goberno da os parados de larga duración
cando se lle acaban todas as prestacións (426 €) para a reinserción no mercado
laboral e buscando fondos ou axudas de empresas privadas ( axudarse da planta de
tratamento que unha empresa privada xa ten creada e verase como se pon en marcha
se é viable, se é viable montarase unha para dar cabida a broza dos nosos montes,
teremos esa planta como banco de probas para tentar aprender o seu traballo)
Bancos e Caixas axudaranos con financiación para facer a planta de Procesamento da
broza sacada dos montes da Comarca, Así daríamos traballo a moitas xente da
Comarca na planta, como tamén na limpeza dos nosos montes, a xente dedicada a
coidar os montes tamén terían traballo ( plantando novas especies máis de acordo
coa nosa terra, ou tentando desterrar as novas especies ( sacar dos nosos montes as
especies invasoras) para ter unha produción máis homoxénea de madeira, de
castañas, landras, etc. Ademais a xente contratada das brigadas contra incendios
podería dedicarse unha parte deses cartos para traballar no proxecto e darlle vida o
noso monte. Poderíamos ter animais no monte ovellas, cabras, porcos ou vacas
coidando o monte que servirían para ter unha carne autóctona máis rica e saborosa
como axudar o noso monte a non ter tantos incendios cun bo aproveitamento do
monte. Tamén axudaríamos a criar a nosa raza de porco celta tan valorada e estimada
a súa carne para os mercados . Poderíamos axudarnos criando os porcos no monte
arranxado e limpo, plantaríamos carballos e castiñeiros máis respetuosas co noso
medio ambiente e darían alimento tamén os nosos animais dirixido todo ata unha
gandería máis ecolóxica.
2.3. A quen vai dirixido.
Vai dirixido a poñer en valor o noso patrimonio natural o noso monte e as nosas
fincas moitas delas sen coidar, tentaríamos facer unha aposta por ter un territorio
máis coidado e limpo. Tamén vai dirixido a crear uns postos de traballo na Comarca
de peón de limpeza do monte, de traballador nunha planta de procesamento, de
condutor dunha planta de procesamento, de peón de plantación poñendo plantas
autóctonas, de persoal de cría de animais autóctonos ( porcos celtas, etc) todo elo
sendo respetuoso co medio ambiente natural.
2.4. A qué colectivos vai dirixido
Vai dirixido os parados máis afogados e con pouca cualificación que coa crise non
encontran unha saída. Expoñendo a eles a idea de que si queren cobrar as axudas
para ter o monte coidado teñen que traballar no proxecto e despois poderían ter un
posto de traballo .
Os empresarios da madeira facendo un aproveitamento mellor dos nosos recursos e
replantando os nosos montes.
Os empresarios que viven do turismo xa que falaremos un pouco de que tendo un
monte coidado poderemos ter unha mellor vista do noso patrimonio facendo visitas
guiadas para ver como están os nosos montes, poder ollar mellor as nosas paisaxes.
As Comunidades de montes facendo un mellor aproveitamento do monte.
As axudas o monte para a prevención dos incendios serían moito menos e serían
aproveitadas para tentar poñer en valor o noso monte.
2.5. Que produtos se obterían.
Como xa dixemos obteríamos enerxía eléctrica para luz e calefacción a usar nos nosos
hospitais ou colexios , etc. Coa consiguiente aforro no recibo da luz.
Tamén obteríamos novos productos poderíamos tentar facer compost para abonar as
nosas fincas coa broza que saquemos.
Coa broza tentar sacar novos productos entre eles biodiesel para que os coches
poidan funcionar con un combustible máis limpo. Podemos levar para a planta de
procesamento os refugallos das nosas praias as algas etc para tamén facer biodiesel
con eles xa o teñen probado na Universidade de Vigo pedirlle axuda e información
para innovar e facelo xa que o actual biodiesel sae moi caro de facer e de comprar.
Tamén poderíamos criar uns animais ( porcos celtas, vacas, ovellas, etc) no monte e
con eles potenciar a consumir máis carne do país, carne sen ningún aditivo criada no
monte cos arbores autóctonos nosas e tendo un especial coidado na súa
alimentación.
Dos nosos arbores poderíamos ter landras, castañas, etc con que poder dar de comer
os nosos animais.
Tamén poderíamos facer piensos para animais cos refugallos sacados das nosas
fincas, ou plantalas fincas para despois conseguir ter alimento para o gando en
calquera época, sobre todo cando o tempo e malo e non temos con que alimentalos.
2.6. Cal e o seu ámbito de actuación.
O seu ámbito de actuación e a Comarca do Salnés sobre todo tentar falar cos
pequenos propietarios de fincas cheas de broza e dos montes igualmente para
poñelos en valor e poder axudarnos para potenciar e desenrolar unha nova actividad
a gandería e a plantación de arbores autóctonas.
Coas comunidades de montes falaremos igualmente para que nos axuden a poñer en
valor o noso monte e o noso patrimonio.
2.7. Crearase riqueza e benestar no Salnés?
Por suposto, xa que os produtos que saquemos irán en axudas das economías e a
crear postos de traballo no Salnés . Teremos outro marco de actuación o ter todo
limpo crearemos unha novas senda unindo os concello da Comarca o ter todo limpo.
Poderemos crear novas Rutas como a xa existente “Ruta da Pedra e da Auga” entre
dous Concellos o de Ribadumia e o de Meis. Poderíamos crear unhas rutas de
sendeirismo entre os distintos concellos para ter un turismo non soamente de sol e
praia nos nosos concellos poder ensinarlle os nosos montes e patrimonio e como
construír as rutas e dar postos de traballo nos concellos. Temos que aproveitar que o
noso monte está cheo de restos arqueolóxicos antigos ( castros, menhires, túmulos
funerarios, cons, etc) para así poder facer rutas entre os distintos Concellos e dalas a
coñecer e moi importante que a xente coñeza o noso patrimonio cultural e histórico
para así poder facer unha nova visión da nosa terra.

domingo, 26 de octubre de 2014

Lamentable estado de las calles de Sanxenxo

Gracias Faro de Vigo por tomaros un tiempo en venir a visitar mi pueblo Sanxenxo y gracias al corresponsal en Sanxenxo por reproducir lo que pasa un día que llueve intensamente.
 La red de pluviales es inexistente y el agua corre por la carretera con el consiguiente aguaplaning para los coches que circulan por la Calle Progreso, las tapas de las alcantarillas salen de su sitio debido a las fuertes precipitaciones no dan evacuado el agua y mana de las alcantarillas.
Siempre pido Seguridad Vial para la Calle Progreso yo misma he sido atropellada en un paso de peatones hace mucho tiempo y todo sigue como si no hubiese pasado el tiempo, ( En el lugar el tiempo está detenido...) 
El día que pasaban la Vuelta por Sanxenxo se podía ver esta postal. Si pasamos más tiempo sin arreglar la carretera solo podremos poner bicicletas estáticas, que vergüenza.
La capa de rodadura es inexistente, hay tres años que vengo pidiendo que asfalten el vial, hasta ahora no ha habido suerte, tres veces a pasado la vuelta Ciclista a España, pero no les importar que los coches pierdan los amortiguadores o que se puedan producir accidentes, nadie hace nada, TiTular de la Carretera PO -308 Es la Xunta de Galicia, es lo único que he sacado en claro después de tanto tiempo.
El resto del las Calles Castelao, Fonte de Ramos, etc pertencen al concello pero no hay un duro.....
La Avenida Luis Rocafort tienen un convenio la Diputación para arreglarlo el Concello de Sanxenxo, en Semana Santa 2014 la red de saneamiento se rompía y salía de allí aguas fecales, olía Sanxenxo en plena Semana Santa a letrinas. 


http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/10/09/inundaciones-baches-sanxenxo/1108579.html

Tiempo: Inundaciones y baches en Sanxenxo

Vecinos y comerciantes denuncian el mal estado de algunos viales del centro

09.10.2014 | 10:33
Un transeúnte esquiva como puede la riada. // G.S.


Problemas para aparcar, daños en las amortigüadores de los vehículos y malos olores e inundaciones por el colapsamiento de las redes que recogen los pluviales en las lluvias. Calles de Sanxenxo como Fonte de Ramos, Castelao, Ramón Cabanillas y Progreso, presentan un aspecto lejos de lo deseable. Los vecinos y algunos comerciantes se quejan de la situación de abandono de estos viales situados en la zona menos turística del municipio.
"La calle Progreso, en plena entrada del concello por la PO-308 ya no tiene casi capa de asfalto, teníamos esperanzas que la arreglasen por el paso de la Vuelta ciclista, pero ni eso". Quien afirma esto es María Otero, de Sanxenxo. Es una de tantas vecinas del municipio que denuncia el abandono de uno de sus principales viales. El mal estado de la calle se evidenció ayer por la mañana. Tras una lluvia torrencial de unos minutos las redes de pluviales se colapsaron, provocando que el agua evacuara por las arquetas con un olor que evidenciaban problemas en la red de aguas fecales.
"Con tanta agua no me puedo ni mover y con el mal olor es insoportable", se lamentaba ayer Pilar Álvarez a la que le sorprendió la inundación y tuvo que resguardarse en la entrada de un edificio a esperar a que el tiempo escampase. Es una de las vecinas descontentas con la situación de esta calle. "No siempre se inunda tanto como hoy, pero si suele atascarse en la parte baja de la calla, junto a la iglesia porque los desagües son viejos y no dan abasto", concluye.
Precisamente en esa zona es donde se concentran el mayor número de comercios. "Hoy es un buen día para vender botas con la inundación que tenemos en las aceras", indicaba con retranca Francisco Filgueira, de la zapatería Zapatillas. Lleva seis meses abierto y ayer no paraba de sacar fotos a la calle. "¿Esto es siempre así?", preguntaba sorprendido por tanta agua en la calle.
Filgueira, como los comerciantes de las asociación Entretendas Centro Comercial Urbán, ven más problemas en la calle como la falta de aparcamiento. En un tramo de 150 metros, la mayoría es de carga y descarga. "Es una calle menos activa comercialmente y esto soluciona las compras más rápidas, pero la solución pasa por mejorar los aparcamientos", señalaba Julio Presas, presidente de Entretendas y que tiene su establecimiento en la calle Progreso.
"Esta calle está muerta comercialmente hablando, no duran los negocios. La uso solo para cruzar e ir al mercado", indicaba Pilar Álvarez, quien abogaba por que las administraciones tomaran medidas en el asunto.
A ello se dedicó María Otero, quien lleva escribiendo por la situación de la calle al concello, la Xunta, Diputación e, incluso tiene una contestación de Jorge Moragas, del gabinete del Gobierno de Rajoy. "La titular es la Diputación, pero no actúan", lamenta esta vecina. La del progreso no es la única calle en mal estado. Fonte de Ramos, Ramón Cabanillas, entre otras presentan una imagen impropia de "la Marbella del norte", como se conoce al municipio.

martes, 7 de octubre de 2014

Catalogación do Con da Ventureira



En Julio envié una petición a la Xunta para catalogar O Con da Ventureira.



Unos días después recibí contestación de la Xunta de Patrimonio




 En septiembre recibí contestación a mi petición de Catalogar O Con da Ventureira na Xunta de Galicia.






Espero que no Concello estén a favor de Catalogar O Con da Ventureira como Patrimonio Etnologico ya que el bien lo merece, que sepáis que antes de enviar estes escritos a la Xunta ya lo hice al Concello de Sanxenxo para que pidiese su catalogación, ya que es un bien que debemos de preservar y procurar cuidar de manera íntegra para el disfrute de todos los vecinos y visitantes.


 


jueves, 18 de septiembre de 2014

Chegada dos eucaliptos a Dorrón



Relato enviado a Adega no 2012
( Adicado a tódolos loitadores)
II Concurso de Relatos Curtos
“O lugar onde vivo”
Chegada dos eucaliptos a  Dorrón.
Aló polo outono fun buscar co meu pai unha ruta de muíños que non coñeciamos, trasladámonos a Dorrón en Sanxenxo, para ver onde quedaban os muíños, pero non os vimos e pasando co coche vimos, un home, que estaba na súa leira cavando un pouco e volvía para a súa casa. Era un home moi afable e deseguida nos puxemos a falar, había dúas rutas con muíños, uns estaban en Bordóns e os outros estaban en Dorrón e percorrían de un lado a outro as parroquias. Puxémonos a falar, e el comentounos  o que pasou hai moitos anos nesa parroquia, cando el era moi neno, agora el xa era un xubilado de Alemaña que retornou a Galicia. 

Contounos que fai moitos anos cando decidiron construír a celulosa e con el ían a ter que plantar eucaliptos en todos os seus montes, e sería unha forma de alimentar a celulosa que se ia montar en Pontevedra, e que daría un pouco de beneficio a xente que tiña o monte sen dar cartos.
A idea era poñer no monte eucaliptos para alimentar a industria, dedicábanse a  plantalos unha brigada contratada pola celulosa, que logo de crecer sería para levala a celulosa e producir pasta de papel.

Pero non todos acolleron ben a idea, algún que lle plantaban os seus montes cos eucaliptos dedicábanse cando non os vían ou pola noitiña a coller e arrancalos eucaliptos e tiralos. E os que os plantaban estaban desolados xa que nunca vían crecer os árbores e sempre eran arrancados e tirados.
Os veciños de Dorrón non querían os eucaliptos xa que estaban afeitos a ter castiñeiros  que no outono daban castañas e a ter carballos coas súas landras e a súa madeira. Deses arbores aproveitaban todo pero co eucalipto eles sabían que pasarían moita fame, era unha arbore que non coñecían  e os outros arbores xa estaban aquí dende fai moito tempo, xa os seus país e avós comerán as castañas aproveitaran as ramas e a leña e déranlle as landras os animais para alimentalos. En definitiva vivían en comunidade coas árbores autóctonas.

Como os da celulosa non podían facer máis que volver a replantar  un día decidiron o seguinte, chegaron a un acordo coa xente que tiña montes para coller e pagarlle por plantar arbores a eles e así poder ter o monte plantado de eucaliptos.
A verdade a historia e ben bonita que magoa que agora non estivesen uns cantos dos que pola noite ían arrancar eucaliptos, xa que agora o chan esta acabado o lado dos eucaliptos non crece nada mais que eucaliptos e como eles absorben tanta auga do chan, moitas charcas e fontes secaron. E que dicir dos lumes dos montes, cos eucaliptos prende e non somos capaces de sufócalos, a broza e refugallos crece por todo los lados.



Despois de contalo relato, o noso amigo de Dorrón preguntounos,¿ que nos parecía? e eu díxenlle que me gustaría que máis xente desa estivera agora, para acabar un pouco con esa praga que son os eucaliptos que crecen en calquera sitio e cando eles están non hai outra arbore que medre.
Pensamos que agora deberíamos ter un monte máis coidado e con especies de aquí, con carballos, castiñeiros, etc.  Que nos axudaran a ter máis auga  e ter todo máis limpo e unha paisaxe moito mais agradable a vista, e con menos incendios forestais. 

Nos sabemos que agora chegou o progreso, pero queremos ter o progreso de vivir en consonancia coa natureza e axudándonos mutuamente. Nos tamén pensamos que isto se pode cambiar e que sería crear riqueza e saúde no noso territorio, sería un gran avance.
Despedímonos do amigo de Dorrón non sen darlle as grazas polas indicacións, e polo seu relato que aconteceu fai moito tempo nos nosos montes, que é a chegada dos eucaliptos a súa parroquia.

A Illa da Toxa



Relato enviado o Concurso de Adega 2012
(Adicado o meu  tío-avo por ensinarme a historia da Illa da Toxa)
II Concurso de relatos curtos 2012.
“O lugar onde vivo”.
“A Illa da Toxa”
Hoxe cheguei a axudar a casa da miña avoa, ela ten que quedar no hospital e eu mirarei pola casa na súa ausencia. Eu quedarei coidando do meu tío-avó e do meu primo, ademais de coidar dos animais.

A verdade, non coñezo o meu tío-avó, soamente sei que detrás desa porta da entrada da casa, agochase o seu cuarto.
Cando o coñezo; paréceme un velliño encantador, sei que non pode andar e está postrado nunha cama, porque fai uns anos, moitos anos, el caeu do piorno abaixo e dende esa, el non volveu a camiñar, poñémonos a falar e el cóntame unha historia ben fermosa que enseguida lles relato:

Cando meu tío-avó era xoven el acordábase que non había veterinarios  para curar os seus animais enfermos, e eles os collían nunha gamela e transportábanos a Illa da Toxa( por aquel entonces non existía a ponte que une a Illa co Grove) e alí esperaban que cando volvesen a illa os pobres animais morreran de vellos ou das súas enfermidades. Cando chegaban a Illa da Toxa e volvían ver os seus animais ( no meu caso un vello burro cheo de tiña e cansado de tanto traballar) e o burro tiña un aspecto saudable incrible parecía que estaba totalmente curado; sempre se preguntaban: ¿Qué tiña a Illa para facer rexuvenecer así os burros, faríao tamén coas persoas?.
E foi como descubriron os poderes das súas augas e fixeron tratamentos para recuperarse as persoas.
Contándome meu tío-avó isto parecía como se volvese os tempos nos que el se encontraba ben de saúde e tamén sentíase admirado al ver como eu mirábao encantada cunha historia tan fermosa que el me contará.

Que pensaría el agora (despois de que el morrera) da Illa da Toxa, como cambiou, despois de descubrirse as súas propiedades curativas para o home, e agora non estaban os animais enfermos nelas senón as persoas máis adineradas para ter un lugar de segunda residencia ou para ter un pequeno tratamento.

Se el vise as grandes construción, as casas, os hoteis, balnearios, a propia ponte, non conocería xa a illa, unha illa na que antigamente soamente se deixaban os animais entre eles o burro enfermo, que dou en declarar a zona de interés para ter alí  os tratamentos rexuvenecedores.
Eu penso que el tamén sentiría que non fose como antigamente, as construcións máis coidadas, e as zonas verdes máis en toda a illa, diríalle eu:
-              Querido tío- avó chegou o progreso e así e como eles creen, que sae máis rendible, pero claro están soamente os homes máis ricos, que poden permitirse ter unha casa ou uns chales alí. Como me gustaría coñecela como ti a coñéceste, así salvaxe e facer nelas as construcións de forma sostible.  
Neste relato  e dende aquí, e a día de hoxe, douche as grazas, por contarme unha historia tan fermosa e por coñecerte.
MAOTVA