lunes, 17 de febrero de 2014

A Iriña

A Iriña

Nacín fai moito… pero pronto deixarei o lugar.   
                                                  
 Xa que temo que o home destrúa o que a natureza fixo con agarimo e tan fermoso; despois de moito tempo, as cousas xa non son o mesmo; tiña area, tiña pedra como reboliños, alí tiña animais e plantas e nos veráns compartía a praia con outra xente, e disfrutaba con eles xogando, acotaban a praia e a repartíamos. Agora a praia e vella, e sen folgos, porque ninguén se ocupa de ela,a praia quere mandar un pequeno grito; un SOS para que a axudemos, e que non pode máis,
-Non teño xa area, nin fina nin gorda, na miña praiña, está todo desaparecendo. No meu fondo  puxeron uns cravos, eles chámanlles pilotes, e alí eles amarraran os seus barcos, e eu como praia ficarei, xa non teño un lugar onde estar,a area, todo desaparece; polo poder dos cartos, eu perdo  o meu sitio.


 Bótateme unha mán, por favor!!!!! Axudádeme!!!!!!!!!!!!!!! Loitemos xuntos!!!!!!!!!!!!


Eu   non quero acabar así, soa olvidada, eu quero que ti mandes esa sinal, para ensinar a xente a protexer e coidar as nosas praias, líbranos das xentes sen escrúpulos, e do capital e do sen sentido de acabar coa costa, por un puñado de cartos.

Esta é a historia dun pobo contado polas areas e as pedras das praias, que son como as veas do pobo, se o sangue non corre por elas, pouco duraremos, non nos queda tempo para arranxalo.

Nos podemos cambialo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Se queres ti podes facer algo, firma a Petición en Change.org
http://www.change.org/es/peticiones/que-paralicen-las-obras-de-un-pantalan-en-sanxenxo-encima-de-una-playa




1 comentario:

  1. Eu vótoche unha man pero temos que ser máis. Chama polos veciños, ti podes Eiriña!!!!!!!

    ResponderEliminar